SMTube é un programa que permite explorar, buscar e reproducir vídeos de YouTube. Os vídeos reprodúcense nun reprodutor nativo (SMPlayer de maneira predeterminada) en vez de un reprodutor Flash, o que mellora o rendemento, especialmente no caso de contido en alta resolución.
O rendemento dos reprodutores tanto Flash como HTML5 non é bo… Obterá moito mellores resultados usando un reprodutor multimedia de verdade: reprodución máis suave, sen que a imaxe escintile nin saltos de fotogramas, e vendo os vídeos en alta calidade a pantalla completa, mesmo en computadores vellos. Con SMTube pode escoller o reprodutor multimedia co que reproducir os seus vídeos favoritos de YouTube.
A versión para Windows distribúese como un complemento para SMPlayer, así que ten que instalar SMPlayer. Prema aquí para obter SMPlayer se aínda non o ten.
A instalación é ben doada, só ten que descargar un destes paquetes, e seguir as instrucións do instalador.
O instalador tamén dispón dunha versión portable de SMPlayer.
sudo add-apt-repository ppa:rvm/smplayer sudo apt-get update sudo apt-get install smtube
You can get the latest source from svn with this command:
svn co https://github.com/smplayer-dev/smtube.git/trunk/ smtube
SMTube é software libre. SMTube está protexido baixo os termos da licenza GPL.
© 2015-2020 Ricardo Villalba